25 marzo 2012

Só a lectura salva

A través do magnífico e entusiasta blog de Marina, chego ao blog da profa, que, á súa vez, recupera este vídeo de @Bretemas (Manuel Bragado) e, coido, que precisamos de lle dar toda a difusión posible e de cavilar nun xeito de transformar esta iniciativa ás nosas cidades, vilas, prazas, etc. Alguén se apunta a unha lectura pública dos seus libros favoritos? Ou dos libros que, realmente, quere dar a coñecer? (Fans dos disfraces e das carautas, tamén sodes benvidos).

   

No hay comentarios: