Relatos publicados



 CONTOS ESTRAÑOS nº1

Pouco a pouco, como din noutros ámbitos, con pasiños de bebé, imos saíndo e entrando dos séculos escuros. Amparados polas novas tecnoloxías, é o mundo da cultura, a lingual vai tentando conquistar, de novo, o posto que lle pertence na nosa vida, na idea dun pobo.

Como nos pequenos esforzos, a búsqueda da identidade nace da paixón, da proba, de ir máis alá, experimentando todas as estacións dunha viaxe que outros levaron a cabo moito antes que nós. E, por que non?  É posible que o Orient Express non sexa a viaxe soñada nen a máis emocionante ou espectacular do momento, pero iso non quere dicir que non podamos disfrutar de Londres, das espectaculares paisaxes de Francia ou de parar en Paris para lle tomar un café crème fronte ao Louvre antes de seguir as nosas andainas cara a codiciada Constantinópolis, ao final do camiño. Que importa que podamos experimentar a viaxe a través de plataformas virtuais e amplas guías de viaxe se, para medrar, para aprender dela, somos nós os qu etemos que ir, aos pouquiños, descubrindo a friaxe da néboa do Támesis na nosa pel, e o arrecendo da manteiga francesa ben extendida sobre un gorentoso croasán! Así, so vivimos cando experimentamos e, ese paso adiante que podemos chegar a dar, parte da necesidade de ter percorrido o camiño con anterioridade. Podemos querer explorar China pero non seremos quen sen antes chegar a Constantinopla.

Os intrépidos maquinistas e xeógrafos de Contos Estraños, fai xa un bo mangado de tempo, empezaron unha destas rutas de viaxe, abríndose camiño por paises e paraxes xa visitados con anterioridade, pero aportando a súa peculiar e persoal visión cartográfica da realidade. Coma noutro tempo, a literature busca nas necesidades da sociedade e, coma outras veces, meditan sobre a cultura do breve, do consumo inmediato e das tebras nas que sumimos os nosos temores de raza, de identidade; temores que son quen de se lembrar do sacauntos, da Santa Compaña ou de fantasear con días dun futuro non tan lonxano, nos que hologramas de vapor protagonizarán os restos da praza do Obradoiro no canto das históricas torres da Catedral.

Con este espíritu, coa idea de facer noso o que antes outros fixeron co propio, e evolucionar cara a mellora, veñen de sacar ao crudo Mercado unha colección de coleccións de título homónimo á editorial. Antoloxías de fantasia, de pulp, de terror e de agro-terror en moitos casos, vía de promoción de novos autores e da fantasia na nosa lingual e da nosa conciencia como sociedade e entidade cultural. Compendios coidados no fondo en na forma nos que, no segundo número, teño a inmensa sorte e honra de compartir tinta con estupendos contacontos, con compañeiros de compartimento ávidos de descubrir eses detalles na vida cotiá que convirten a rutina nunha xenial barbaridade. Xente coa que, todos, deberíamos chegar ata o final, e, alí, conquistar China.









Cuentos preliminares es una colección de once relatos que retratan las vidas, sueños y penitencias de once mujeres dispares pero que, como todos nosotros, en algún momento de su vida, han tenido que enfrentarse a esa crisis, esa en particular, esa que cambia nuestro mundo, que hace que todo se vuelva gris y que nos atraviesa como un torbellino y no deja nada en su sitio.

Son sus propios ojos y sus propias voces las que guían las plumas de Rakel Archer y Anna Raven y la plumilla de F.H. Navarro para desnudar su alma. Amparadas por esa íntima y mágica relación entre narrador y escucha, se nos ofrece divisar pequeños atisbos de mundos realistas a través de las tortuosas sensaciones de relaciones amorosas en las que reina el miedo al compromiso y a la decepción (No me llames), la superación (Lola), la dependencia vital de la, así concebida, persona amada (Paula), la visión de la mujer que engaña y de la que es engañada (Del tiempo), la malsana obsesión por el aspecto físico (8 y medio), o la crisis de la mediana edad (Midlife crisis, Las sabias). También hay espacio para universos más increíbles, para cuentos más fantásticos, desde la presencia de frías y despiadadas vampiresas hasta la peculiar aventura de una adorable anciana que, un día, mientras trabaja en su jardín, conoce al mismísimo demonio. Pinceladas de mitología, de historias de café con leche, de cuentos de abuela, de literatura gótica, misterios sin resolver o realismo mágico, unidos en una obra de 156 páginas con once maravillosas ilustraciones que nos recuerdan que nunca debemos dejar de luchar, que todo, absolutamente todo, nos hace más fuertes.


No hay comentarios: