24 octubre 2010

50 000 palabras

           

                 Seica hai una "nova" iniciativa dun destes foros de escritores das américas nas que a novembro lle colgan o San Benito do mes da novela e convida aos vagos e preguiceiros coma mín a escribir unha historia de, a lo menos, 50 000 palabras, ao longo deste mes. O certo é que unha novela nun més é un proxecto bastante ambicioso e altamente surrealista, pero, ao mesmo tempo, tenche o seu aquel.

              O problema de escribir unha novela en 30 días, coido eu, é que a cantidade de fallos e incoherencias ten que ser bárbara pero tamé é verdade que a historia ten que permañecer perpetuamente fresca na cabeza do escritor. Obviamente non haberá moito tempo para a documentación e referencia, xa que, sobre todo no caso dos privilexiados que temos un traballo ao que acudir cada día, o tempo é limitado e xa custa atopar recuchnos e area nos que disfrutar coa manipulación de palabras, como para poñernos a investigar sobre costumes familiares ou a situación político-económica da Westfalia medieval antes de nos poñer mans á obra coa presentación, nó e desenlace da criatura. De tódolos xietos, hai algo sobre o que non precisamos demasiada documentación, xa que sempre podemos buscar a inspiración tomando "apuntes do natural".

                   Á marxe do atractico do exercicio consiero que foi esta última reflexión a que me empuxou a tomar parte desta iniciativa. Poida que non lembre todos os lugares, as datas, as novas, as xentes ou as teorías científicas que precisaría para orquestar unha novela con certo sentido, pero vouno tentar. Obivaimente as miñas inclinacións anarquistas non permitirán que me una a unha web e, dende alí, tente dar cabida ás miñas verbas. Dun lado que non me gustan estas megaplataformas de creación, innovación e claro progreso, e doutro que sego a ser un deses seres en perigo de extinción que precisa do tranquilizador lapis e papel para que a súa mente sexa quen de liberar a eses pantasmas ou títeres que protagonizan as súas historias, así que o paso do formato analóxico ao dixital, pode levar bastante tempo.

                  É por iso que a novela verá a luz (ou o que se pode entender por luz) somentes a través deste blogue, de xeito que se son quen de rematala pois moi ben e se non o son tampouco ha ser o fin do mundo. É por iso tamén que, dado que teño unha axenda que se empeña en funcionar coma diario en galego, hoxe marco un novo rumbo desta bitácora na rede coma arquivo de pensamentos desta demente e sede da indigna historia que protagonizará o mes do Solsticio. Ha ser iso o que me ronda a cabeza e me fai opinar e sentir na língua, a chegada da escuridade, a chegada do frío que fai cantar e tremer as pedras de Compostela.

                   Sexa como sexa, velaquí o comezo, velaquí a primeira pedra. Pídovos desculpas por esta longa introducción, polos erros que topades e toparedes e por calquera referencia que nos meus relatos se poda identificar coa vosa existencia, pois a ficción nace do real o no real moito hai de ficción día tras día.

3 comentarios:

RAULE dijo...

Hola, Annita. Como ya sabes, mi abuelo escribía novelitas del oeste a finales de los 40 y hasta mediados de ls 60, cuando Bruguera casi dominaba el mundo. Eran textos rápidos, con una serie de ingredientes fijados por los editores y lo cierto es que de aquella época pocas obras maestras salieron. Las hicieron por necesidad ¡y sin la ayuda de internet para documentarse!, lo cual los convierte en héroes para mí. Cada uno sabe sus motivos para escribir y parece que tú los tienes claros. Adelante, guapa, sorpréndenos.
Un besazo desde tu querida Barna City.

Rakel Archer dijo...

Me parece atrevido colgar a pelo lo que vayas haciendo cada día, pero también es un modo de fijar las intenciones. En cualquier caso me alegra que te apuntes a esta salvajada. Ahora me siento acompañada. :)

Héctor dijo...

Será como comer en un buffet!
"All you can write!"