22 octubre 2010

A felicidade eterna ou un bocata de xamón?

Fai moitos anos, un deses coñecidos que pasan polos nosos beizos e as nosas manas na escura época dos anos universitarios, preguntábame que era o que eu consideraba máis importante, a felicidade ou un bocadillo de xamón. Eu, que xa era rara dabondo daquela, contestáballe sen asomo de dúbida que as miñas preferencias estaban co bocadillo de xamón. A resposta resultou non ser a que el agardaba. Seica a xente busca con ahínco e intensidade á felicidade e, o normal cando che dan a elixir entre un estado de graza e unha merenda, é elixir a opción menos terrenal. Pero o caso é que a mín gústame o xamón e, tendo un bocadillo, é posible que acade a felicidade pero ninguén me asegura que sendo feliz non vaia ter fame.



                Desto xa pasaron un bos dez anos pero, aínda agora, cando agardo a alguén nun dos prezados restaurantes de Compostela, penso nesta extra dicotomía de fartura terrenal versus realización espiritual e pregúntome se o segredo da felicidade eterna non será vivir á expectación de que un belido camareiro che serva un bocata de xamón e o remate cun café quentiño, para salvarnos da choiva, do vento e da friaxe invernal nestas rúas da cidade de pedra.

No hay comentarios: