21 febrero 2012

24 de Febreiro, agasalla un libro E unha flor en galego

Da revisión, moito máis agradable que a revisión dos xornáis, do blog da adorable atallo longo, retiro esta reflexión:



A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anímanos a que regalemos un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro. A autora naceu o día 24 de febreiro de 1837 e por iso se celebra este ano o 175 aniversario.

A AELG tamén nos convida "a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento".

Gústame moito a idea de que, se imos festexar o nos particular Santa Rosalía, en troques do San Jordi, plantexemos a idea de que o agasallo debe ser dun libro e unha flor para cada persoa e non a vella, manida e sexista idea de que o libro é para os homes e a flor para as mulleres, que son cousas máis delicadiñas e, claro, igual a lectura non lles acae ben. Tamén falan, desde a Asociación de escritores e escritoras en galego, de tentar facer algo que rememore a obra da autora galega e, desde o meu modesto lugar de reflexión, invítovos a levalo a cabo, aínda que, como di Carme, a mín Rosalía, persoalmente, sempre me pareceu un tanto choromicas. Pero, para ter unha opinión, e para que che pareza choromicas ou no, hai que ler a súa obra, así que lede, lede que nos armará para un futuro que non nos gusta, pero quedará no voso subconsciente. Eu, pola conta que me trae, recoméndovos tres libros que podedes pensar en regalar, se ides seguir a corrente desde póstumo aniversario da poetisa máis citada da nosa literatura:







E recupero un clásico ...



Eu, heime auto-agasallar este:



4 comentarios:

Marina dijo...

Eu pensei nos alumnos e centreime nas actividades de promoción da obra de Rosalía.
Ti fuches máis plural e parácheste tamén na primeira suxestión. As flores non sobran , pero mellor os libros.
Grazas por eses adxectivos que chegan tan fondo.

AnnaRaven dijo...

Ao final non merquei flores, pero sí libros. Quedeime na metade da petición, en fin, pouco a pouco imos aprendendo a responder a estes chamamentos tan interesantes, dentro das nosas posibilidades.

Cainite dijo...

Me había despistado de seguirte desde puppeters, pero ya estoy aquí;). Me he acordado al ponerme a leer vuestro libro :). Por cierto, me está gustando mucho. Por ahora mi cuento favorito es el del demonio.

AnnaRaven dijo...

Gracias por pasarte por aquí, Nite! :) Un besote! El demonio es un tío con estilo jejeje