BÚSCASE
Muller belida, que o seguirá sendo, que unha vez tivo o pelo longo e rizo. Deu clase de galego a principios dos noventa no colexio Marista Santa María de Ourense. No curso 93-94, na titoría de Alfredo, púxonos o corto de Chano Piñeiro "Mamasunción" e, por esa e moitas outras cousas, marcoume coma persoa e fixo que tivera menos medo do que rezaban as mentes dos que non están tolos a entrar no mundo da fantasía. Unha vez, nun entroido, disfrazouse cun traxe veneciano, que dixo que me emprestaría un día. (Tranquila, non a busco para llo pedir).
RAZÓN
Agradecerlle as redaccións semanais e as lecturas en público con Sabela (que sempre escribirá moito mellor can min)
No hay comentarios:
Publicar un comentario