19 julio 2011

Lonxe queda...

Lonxe quedan estes pensamentos de xuño...


            Supoño que todo ven a conta do cansanzo, das ganas de pechar portas e carpetas e descansar a mente un anaquiño sen que os paxaros das cousas que quedaron por facer anden a revolotear de seguido ao redor da miña cabeza, alterándome o humor, as cavilacións e os ciclos circadianos.

            Levo case, case ben, os consiellos de orientación e de management para a adquisición dunha vida tranquila e a mellora organizativa. Só que, nesta comida de negocios conmigo mesma, non me collo o día libre, nen levo o ritmo descansado e de verán que me gustaría levar, senón un aquel frenético de ir collendo o portaminas entre que recollen a crema de verduras e traen, cunha eficacia case insultante, a rodaliza á grella. Ten boa pinta e fago por seguir a escribir un poquitño máis por mor de non a engulir á velocidade supersónica que me marca o día. O bo é que este restaurante, un dos meus favoritos (como recomendaban os do life coaching e general management) tamen parece ser o de certa contacontos á que moito admiro. Este pequeno dato dale unha nota de cor a un día de case despropósitos continuados. Síntome hinchada e pesada, e non che vai ser cousa que desapareza tomando activia.
Aínda que me sinta chea de baleiros, chea de proxectos ou elementos de vida e soños que “case” están, son eses ocos os que enchen e pesan e cansan os músculos en vermello e á imparable masa gris.

 Hora e cuarto, que é o que queda ata a seguinte reunion, ata que esta illusion de liberdade morra entre paredes pintadas de ledas cores.

Unha moza, que coñece á contacontos, anuncia os seus plans de futuro á concurrencia: “penso ir a todas as romarías” e, ben visto, non me parecen tan mal plan. coido que o futuro, nin escrito nin certo, ven dado, sexa por esta máxima do verán, ou polo suxerido por Nacho Vegas naqueles tempos nos que aínda lía Moby Dick.

Eu, polo dagora, ei de ir buscar un bar fresquiño, tranquilo e escuro onde tomar un “con xeo” e escribir un anaquiño, en quedar algo máis de tempo neste pacífico e, ao tempo, apaixoado limbo das palabras.

No hay comentarios: