Saint-Lois a Chicago...
As grandes cidades son grandes cidades, e esta perogrullada serve para ilustrar que, sendo Chicago unha cidade belísima, ten o que esperaríamos que tivera unha cidade como Madrid, Barcelona, Londres ou París, pero con máis rañaceos e un lago que parece un mar.
Rañaceos, unha arquitectura impresionante, belísima, chea de contrastes, museos envidiables e moi entretidos e jazz... así que o mellor, será que vexan as imaxes, que todos estivemos nalgunha cidade semellante, e que reserve as miñas palabras para aqueles destinos nos que cumpre máis falar de como se sente un neles, naqueles destinos nos que a xente importa máis que os obxetos. Ainda que nesta viaxe, a xente, importou moito, sobre todo a da banda de Nacho :)
Os meus favoritos: Nacho e familia, o jazz, ver un Mondrian auténtico e as medusas :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario