14 noviembre 2013

NaNoWriMo1- Cetáceos

 
-->
“El cadáver de la ballena común que el domingo apareció a la deriva en la costa de Muros quedó ayer varado en un arenal de Tal, tras su periplo por la ría. El cuerpo del cetáceo de 20 metros y cerca de 40 toneladas se encuentra en estado de descomposición y está a la espera de que las autoridades decidan qué hacer con él”
El correo gallego

 
      O cadáver da balea non era nada común e, de poder respostar á infamia á que se vía sometida, diría que os mamíferos bípedes pequenos, moito máis comúns nas praias galegas cun cetáceo de vinte metros, tampouco tiñan tanto dereito a dispor dos seus restos para se fotografar canda eles como se ela fose un souvenir do areal. Mais, ao non estar no seu hábitat, pouco podía facer a maiores de abrir ben a boca na procura dunha derradeira onda de auga salgada que lle trouxera algún recordo do camiño perdido ao tornar ao fogar.
       Pouco tempo atrás andara xogando coas outras da súa tribo no mundo de abaixo, no mundo azul, cantando os doces ritmos da súa comunidade cargados de imposibles bemois e algún flotante sostido de cando en vez. Coñecía os sete cantos mellor do que coñecía o seu propio nome, ou a posición da súa aleta da sorte pois, un tras outro, desde o día do seu nacemento, día que lembraba frío e borroso, nunha bruma de verdes do Atlántico Norte, fora ela quen unira os dispersos sons do capricho de Neptuno e fiara as novas melodías para o banco que lle dera a benvida ao mundo. 
       Xaora fora tamén ese día no que coñecera a unha balea macho, xeitoso e galante, pouco máis vello do que fora a súa nai e pouco común no trato, cunha cicatriz de guerra a lle atravesar o ollo dereito de arriba abaixo, ao que todos lle chamaban Swing.

No hay comentarios: